lunes, 12 de noviembre de 2012

"PAYASEANDO LA EXISTENCIA"

  Unha non deixa nunca de aprender e sempre me pareceu moi certo aquel proverbio chinés que di "Cuando el alumno está preparado, el maestro aparece". Pasoume hai uns meses cando seguindo atentamente a programación da Escuela Internacional de la Comicidad decidín
 facer o monográfico "Payaseando la existencia" con Iván Prado.

  Dende que rematei a miña licenciatura en Arte Dramática nunca sentira tanto a necesidade de aprender sobor do mundo do clown, de feito sinto que ultimamente ando seguido á procura do meu nariz e hai moito que traballar e aprender para iso. Pero no comer e no rascar... xa se sabe que todo é empezar.

  Foi unha experiencia arrebatadora; dende que fixen o Camiño de Santiago a pé nunca antes sentira que fixera unha viaxe aos meus adentros tan fonda. 

  Xunto á marabillosa profesionalidade do maestro, foi máxico descubrir a súa grande humanidade e a súa incrible capacidade de quitar o máis belo de unha mesma. Ao ritmo do seu tambor ou da música perfectamente escollida para a ocasión fumos abrindo as comportas das risa e das bágoas, aprendendo a asumir a nosa estupidez e o noso ridículo, asimilando a verdade da nosa beleza humana, acariñando á nosa nena interior un pouquiño e indagando na nosa verdade para ser quen de amosala sen complexos.




 Dun grupo verdadeiramente heteroxéneo xurdiron agarimos descoñecidos e fomos capaces de ver no interior da outra e de mirarnos nos seus ollos. Celebramos a Vida con maiúsculas e deixamos saìr a nosa luz interior para inundar o espazo todo arredor.




  "Lo que está dentro de nosotros brilla y resuena. Nuestra risa, como el aire que transforma los pulmones en sangre de vida, es capaz de renovarnos y abrirnos a la existencia creando círculos de la risa a nuestro alrededor. Si aceptamos nuestra estupidez y la comunicamos con el corazón, se produce una catarsis que nos permite transmutar el dolor en luz, la vergüenza en paz y la lástima en plenitud."


  Estas palabras de Iván Prado, tras ter feito hai un mes o seu belísimo obradoiro de risas, apertas, gargalladas e espidos "corazoniles", andan batendo no meu corazón coma unha voz de VIDA na caverna do meu peito. Bom-bom! Bom-bom! Bom-bom! Bate que bate coma un pandeiro na festa!       Eu sigo paiaseando a miña existencia á procura do meu nariz. 
  Só podo darche as GRACIAS unha vez máis... E as que fagan faia!

Nota: O meu agradecemento a Fernando e á Escola Internacional de la Comicidad pola cesión das fotos para ilustrar este post.