jueves, 1 de marzo de 2012

Festa dos Nomeados aos premios María Casares do teatro galego 2012.

Hoxe o teatro de Galicia está de festa, sí, sí, de festa. Aínda que non pareza que haxa moitas razóns para celebrar... A Asociación de Actores e Actrices de Galicia ven de nomear aos candidatos aos premios María Casares do teatro galego.
E se sobrevive este arte marabilloso é grazas aos esforzos de moitos que con moita honra, dan todo o que poden - e as veces o que non poden - por quitar adiante proxectos que cada vez contan con menos axuda e menos créditos para poñelos en pé. Por iso é bo que se celebren estes recoñecementos sempre pero en tempos difíciles aínda máis porque, se cadra, o mérito é maior.


Nunha noite acolledora e chea de amigos e xente de bo facer, Antonio Durán "Morris", presidente da asociación de actores e actrices, deu a benvida aos presentes e cedeu o escenario á actriz Mónica García, que conduciu o evento cunha intervención humorística nun "castrapo" brilante transformada en Cándida del Moral, funcionaria da Consellería de Educación.


Con retranca ben estudada, ofreceu aos profesionais do teatro unha serie de "consellos" de orientación laboral; dende o macramé ata a decoración das novas casas para os ricos pasando pola proposta de maquillar aos parados que vaian a unha entrevista para que estean "presentables". Cándida fixo rir ata o mesmísimo alcalde de Ames, que colaborou ofrecendo as instalacións do Pazo da Peregrina en Bertamiráns e mesmo facendo entrega dunha xerra e máis un diploma acreditativo aos finalistas.



Deste xeito, 11 espectáculos, dos 30 que se presentaban, conseguiron algún nomeamento para estes galardóns. En total, 261 candidaturas profesionais das artes escénicas e audiovisuais eran aspirantes nalgunha das 13 categorías.Indicaréivos de seguido algunhas delas:

Trini Fernández Silva nomeada a mellor maquillaxe por A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego.

Piti Sanz nomeado á mellor música orixinal por Oeste Solitario, de Produccións Teatrais Excéntricas.

 
Marta Pazos nomeada a mellor actriz secundaria por A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego.

Víctor Mosqueira nomeado a mellor actor secundario por A Ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego.
Patricia de Lorenzo nomeada a mellor actriz por Citizen Total, do Grupo Chévere.
Antonio Durán "Morris" nomeado a mellor actor por O Florido Pensil, de Eme2emoción&arte.


E tras unha foto de grupo dos nomeados todos


pasamos aos encontros

aos saúdos 

ás tertulias e conversas entre boa xente

E ao final, cando cae o telón e apaga o último foco, sempre queda a ilusión dun novo proxecto dunha nova ilusión dunha nova loita e dun novo "¡A ESCENA!"























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se admiten opiniones siempre que no incluyan insultos, vejaciones, datos privados como teléfonos, etc, comentarios no relacionados con la entrada o publicidad. Me reservo el derecho de eliminar aquellos comentarios inapropiados para este blog.